O Día da Biblioteca é unha xornada sumamente especial neste espazo, cheo de vida
25 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Se un exemplo hai de biblioteca como espazo de vida en torno á lectura, ese é a biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Ademais do Día das Bibliotecas, está a celebrar o seu aniversario, once anos, cun programa ben intenso. En xornadas anteriores á de onte pasaron por alí os Ratos de Lonxedetodo ou o escritor e músico Francisco Castro, con Poesíacordes.
Para onte prepararon café e chocolate a xeito de iniciar a velada, e logo seguirían afondando no poder dos contos e das historias. Con narracións para pequenos e tamén con rostros como o da cantautora Silvia Penide, que vén de dar novo paso e publicar Onde está Otti?, libro infantil (imaxe que encabeza esta información).