
O público puido gozar das habilidades sobre o escenario de máis de cen bailaríns
06 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Pazo da Cultura de Carballo foi onte o templo do baile para toda a comarca. Alí celebrouse a undécima gala de Bailes de Salón e Ritmos Latinos de Bergantiños, que volveu organizar a Asociación Xuvenil Arume de Verdillo, coa colaboración do Concello de Carballo e do club Baile Deportivo Azucas & Swing.
Con entrada de balde, o espectáculo contou cun bo público, que puido gozar das habilidades sobre o escenario de máis de cen bailaríns pertencentes a Arume, á Escola Deportiva Municipal do Concello de Cabana e aos colexios Fogar e Bergantiños.
Houbo dúas quendas, nas que se ofreceron espectáculos de bailes latinos, de salón e Lady Style. Os protagonistas ensinaron, ademais, que o baile é para todo o mundo, con idades comprendidas entre os 5 e os 75 anos.