
Está aberta no Pazo da Cultura unha exposición colectiva que poderá visitarse ata o 12 de xullo
14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Pazo da Cultura de Carballo • Ata o 12 de xullo • Un a un, os sete creadores que participan na exposición A etérea fraxilidade humana que se inaugurou o xoves en Carballo foron accedendo á sala do Pazo da Cultura e descalzáronse unindo os seus zapatos aos que formaban unha das intervencións colectivas, mostrando precisamente a súa vulnerabilidade. Foi un xeito de presentar esta mostra que está a disposición do público ata o 12 de xullo, en horario de tarde, de 17.00 a 20.30 horas.
Participan Milagros Cotelo, Jesús ArtÉxtasis, Isabel Soutullo, Cristina Castro, Maribel Castiñeiro, Loli España e Mon Lendoiro. Todos presentaron obras de gran formato no que expresaban a súa propia visión da «fraxilidade humana».
Ademais dos traballos individuais presentaron varios montaxes colectivos coa mesma idea, como a cadeira de tres patas sostida por globos ou o cadaleito no que se podían ler a advertencia de Fráxil e que estaba cuberto de bolboretas.
Na presentación tamén recitaron poemas sobre o tema Pura Tejero e Jesús ArtÉxtasis e outros de Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga e Xaquín Silva. Ademais actuou a soprano Susana de Lorenzo. Os autores amosaron o seu interese en apoiar que «as persoas sexan tratadas con respecto» e que se ofrezan os mesmos coidados e dereitos «desde un enfoque de xustiza social».