Alumnos do Parga Pondal levan á lingua de signos a un tema de Guadi Galego
CARBALLO MUNICIPIO

Como explican dende o centro, quixeron aprender a falar coas mans a través da música, e en galego,
13 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Alumnos do Proxecto Competencia dun dos grupos de terceiro da ESO do instituto Isidro Parga Pondal de Carballo elaboraron unha singular peza audiovisual, encamiñada á linguaxe de signos. Como explican dende o centro, quixeron aprender a falar coas mans a través da música, e en galego, coa axuda da intérprete de lingua de signos Ana Herranz; a profesora de Música, Lorena Varela, e a de Educación Dixital, Leticia Riestra.
Entre todos prepararon a adaptación da canción Fronteiras, de Guadi Galego. Unha poesía, tamén, que trata sobre o paso do tempo, a conexión entre as persoas e a ansia de transformar todas as fronteiras, xa sexan mentais ou físicas, en pontes. Abrir cancelas con flores, di, como canto de unión, liberdade e esperanza. A propia Guadi ten unha versión deste tema en catalán, neste caso para superar as fronteiras lingüísticas, que tamén existen.
Neste traballo tamén colaborou equipo docente e non docente, que participou de maneira voluntaria, como a Biblioteca Rebolo.