
Logo dunha xornada intensa, este pasado sábado, a festa concluíu con animación dende Laxe
13 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Que a xente de Berdillo «vale moito» é algo que na asociación Arume xa sabían, mais que puideron volver comprobar o sábado coa 43.ª edición do seu Albaroque. Puro goce. Rematou o curso ao grande coa música e a animación na que son únicos O Tren da Unha. Xa actuaron o ano pasado, e desta volta regresaron para facer as delicias de pequenos e grandes.