Ariel Rot traerá o rock «máis auténtico» ao San Xoán de Carballo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

MIGUEL MIRAMONTES

Actuará na Praza do Concello, a noite do 24 de xuño, festexando case 50 anos de «impecable» música

23 may 2025 . Actualizado a las 15:46 h.

Continúan a desvelarse segredos do San Xoán de Carballo. O último deles, o concerto que ofrecerá Ariel Rot na localidade o 24 de xuño: «O rock máis auténtico chega a Carballo da man dun dos grandes», avanzou a organización. Avanza tamén que «inspirado pola forza e a alma do seu disco En vivo mucho mejor, o músico arxentino fará soar os clásicos que marcaron xeracións». Na Praza do Concello escoitaranse, a bo seguro, temas de Tequila ou de Los Rodríguez, como Quiero besarte, Milonga del marinero y el capitán, Mucho mejor ou Me estás atrapando otra vez.

Concierto de Ariel Rot na Coruña, o pasado agosto
Concierto de Ariel Rot na Coruña, o pasado agosto MIGUEL MIRAMONTES

Tamén haberá en Carballo «xoias» da súa carreira en solitario, como Hasta perder la cuenta ou Vicios caros. Será un concerto, tamén, para festexar «case 50 anos de impecable rock and roll».