
O Auditorio de Galicia acolleu este luns a cerimonia de entrega de galardóns
21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu o luns a gala de entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, que fomenta a improvisación oral en verso en lingua galega. O acto, celebrado conxuntamente coa Regueifesta e co programa Regueibertso da Deputación, tivo como mestres de cerimonias a Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco, O Rabelo, Nuria das Cruces e Xairo d'Herbón. Amenizaron a Orquestra da Regueifa e as Pandeireteiras do Camballón e asistiron preto dun milleiro de persoas de máis de vinte colexios e institutos de toda Galicia e de Euskadi.
Houbo representación da comarca en varias categorías de premios. Na xeral, Paco Felípez e Óscar García, de Carballo e Malpica, levaron o galardón á regueifa máis brava; Arrieiro e Chaminho, de Malpica e A Coruña, á máis aguda, e a Escola da Regueifa de Carballo, á máis diversa.
En canto á categoría escolar, o CEIP Nétoma-Razo de Carballo levou o galardón á regueifa máis brava, mentres que o CPI As Revoltas de Cabana, á mellor falada.