
A banda actuará o 20 de xuño, venres, na Praza do Concello
09 may 2025 . Actualizado a las 21:44 h.20 de xuño • Coas Letras Galegas aínda por pasar, xa hai quen anda preguntando polo San Xoán de Carballo, e algún segredo comeza a caer. Leva por nome Sidonie, e foi o avance que este venres fixo a asociación cultural San Xoán: «Este ano as festas van empezar por todo alto!», anunciaron. A banda barcelonesa, integrada por Axel Pi, Jesus Senra e Mar Ros, actuará na Praza o 20 de xuño. «Dende os disfraces dos seus primeiros directos ata esgotar entradas en salas de todo o país, Sidonie leva dúas décadas sorprendendo coa súa enerxía e un directo que é pura ética escénica», concretan. Chegarán co seu décimo disco, Marc, Axel y Jes, «o máis Sidonie de todos». Indie rock, algo de electrónica, un proxecto tamén moi pop, e para todos!