Tralos pasos de Schubarth 40 anos despois: «Dorothé na Vila» chega a Carballo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Alejandro Gándara e Olaia Tubío, os creadores do documental
Alejandro Gándara e Olaia Tubío, os creadores do documental

O documental poderá verse hoxe, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura, con posterior coloquio con Alejandro Gándara e Richi Casás

20 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Pazo da Carballo • Acceso gratuíto • A etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth (1944-2023) percorreu Galicia entre finais dos anos 70 e comezos do 80 recollendo polas aldeas músicas e cantares arcaicos, de raíz. Corenta anos despois, o mozo carballés-baiés Alejandro Gándara, acompañado por outra moza tamén, Olaia Tubío, percorreu aqueles lugares que visitara Dorothé para saber que fora dos seus informantes, para coñecer as súas historias de vida. Esta viaxe, alegre polo que supón de lembranza, pero triste por chegar tarde a un mundo que desapareceu, sustenta o documental Dorothé na Vila. Merecedor do Premio Luísa Villalta da Deputación, o filme poderá verse hoxe en Carballo, no Pazo da Cultura, ás 20.00 horas, con acceso de balde. O propio Gándara estará presente, ao igual que Richi Casás, neto dunha desas informantes, Rosa Casás, precisamente homenaxeada este ano coas Letras Galegas. Logo da proxección —87 minutos—, haberá un coloquio cos asistentes.