Nova remesa de bailes en Carballo para febreiro

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

A concellaría de Terceira Idade xa presentou o almanaque de actuacións para este mes vindeiro

29 ene 2025 . Actualizado a las 19:55 h.

A concellaría de Terceira Idade de Carballo vén de anunciar unha nova remesa de domingos de baile para este febreiro. O primeiro, este día 2, con Rocío Perez, entre as 18.00 e as 21.00 horas, na segunda planta do mercado municipal. Os seguintes serán o 9, con Mar Davila Dúo; o 16, con Martín Carrión, e o 23, co dúo Marineda. Todos eles terán o mesmo horario, e ademais con acceso libre e de balde.