Próxima exposición en Carballo: «O son do nordés», de Loli España

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana García

O acto de inauguración está previsto para este venres 31 de xaneiro, ás 20.00 horas

30 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Inauguración mañá, venres • O programa Cultura con Forza trae a Carballo, e máis concretamente ao Pazo, unha nova exposición: O son do nordés. É unha retrospectiva de Loli España, artista plástica moi vinculada a Carballo, sobre todo logo de residir en A Coruña, Ourense e Pontevedra e volver no 2002 ao lugar onde naceron os seus antepasados, moi preto da capital de Bergantiños. O son do nordés incluirá case vinte obras de técnica variada, dende óleo a pintura acrílica e mesmo empregando como soportes metacrilato, espello e ata táboa. Corresponden a diferentes etapas dende a súa licenciatura en Belas Artes, diferentes tempos creativos que van dende o 2000 ata a actualidade.

Verá o espectador paisaxes, pezas abstractas e mesmo retratos. O acto de inauguración desta nova exposición está previsto para este venres 31 de xaneiro, ás 20.00 horas, no andar -1 do Pazo carballés. Amenizarán Susana de Lorenzo e haberá filmacións de Jesús ArtÉxtasis. Visitas de luns a sábado, de 17.00 a 21.00, ata 28 de febreiro.