A campaña da Xunta «Ler conta moito» chega a Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

A delegada da Xunta, Belén do Campo, presentouna na biblioteca Rego da Balsa

29 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto ao director territorial da Consellería de Cultura, Severino Álvarez, estivo onte na biblioteca Rego da Balsa de Carballo, onde informou de dúas ordes de axudas, abertas para apoiar as dotacións culturais locais: as bibliotecas e as axencias de lectura. Este centro foi beneficiario de ambas por un de máis de 8.000 euros o ano pasado. Foi recibida polo alcalde, Evencio Ferrero, a edila de Bibliotecas, Ángeles Pacoret, e outros edís do BNG e PP.

A provincia ten 128 dotacións culturais locais integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, das que 94 son bibliotecas municipais e 34 axencias de lectura. Na zona, hai 16 bibliotecas municipais e 10 axencias de lectura.