
Vieiro promove este ciclo de prevención durante este segundo trimestre do curso
25 ene 2025 . Actualizado a las 23:51 h.Dentro da súa programación de prevención no ámbito escolar, a asociación Vieiro iniciou este mes de xaneiro nos institutos de Carballo a iniciativa O triángulo da saúde. Vai dirixido a alumnado de primeiro a cuarto da ESO, e de impartir as sesións encárganse a educadora social Tamara Rodríguez Pereira, a pedagoga Dalila Vizcaíno Regueira e a traballadora social María Lema Ordóñez. O triángulo da saúde levarase a cabo durante este segundo trimestre do curso 2024/2025, con sesións de periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.
Tres son os bloques do programa. O primeiro, Te acompaña, consta de catro sesións sobre habilidades persoaias e sociais. Des-conecta, o segundo dos apartados, son sesións que dotan aos estudantes de coñecementos básicos para usar as novas tecnoloxías de maneira saudable e responsable. Finalmente, baixo o epígrafe Tú eliges, rapaces e rapazas reciben información sobre distintas substancias adictivas ás que os mozos poden ter acceso hoxe en día.