
Serán de acollemento lingüístico e preparatorios das probas Celga. Están abertas as inscricións
25 ene 2025 . Actualizado a las 19:04 h.O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo vén de anunciar unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga. O primeiro dos cursos vai dirixido a persoas de fóra de Galicia, para así entraren en contacto coa lingua e cultura galegas. Ofrecerase sempre que exista un mínimo de 20 inscritos, e incluirá ademais un manual para o alumnado. As clases botarán a andar o 4 de febreiro nas Escolas Agra de aldas, e os interesados deben escribir a snl@carballo.gal, facilitando nome e apelidos un teléfono. Son 25 prazas.
Tamén está xa o prazo aberto para anotarse nos cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4. Deberá haber un mínimo de dez matriculados, e as sesións serán igualmente nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, a partir do 6 de febreiro. Quen teña interese nesta opción deberá asemade escribir ao correo snl@carballo.gal indicando nome e apelidos, así como número de teléfono para contactar.