Redeiras e artistas en Carballo e festivo local en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

A capital de Bergantiños, a de Soneira, e Duio, en Fisterra, concentran as propostas deste 22 de xaneiro na Costa da Morte

22 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Carballo, por un lado, e Vimianzo e Fisterra, doutro, concentran a meirande parte das propostas para hoxe, mércores 22 de xaneiro, na Costa da Morte. Na capital de Bergantiños, pequenos de dous a seis anos achegaranse ao mundo do mar da man das redeiras O Fieital, con dúas sesións nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, ás 17.00 e 18.30: cómpre inscribirse en snl@carballo.gal. Promove a área de Normalización Lingüística. Tamén en Carballo, a cafetaría Colón acolle dende hoxe a exposición Caras amigas, de Maribel Castiñeira (XMÑ), Isabel Méndez e Isabel Soutullo. Serán quince días de mostra conxunta e logo quince cada unha delas, na orde exposta. Finalmente, Vimianzo e Duio (Fisterra) festexan San Vicenzo: é patrón na capital de Soneira e, por tanto, festivo local, con misa ás 12.00 acompañada por Trubisquiña. En Duio será ás 12.30 horas.