Seis meses para medrar con Apego e en lingua galega

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

Carballo presenta a programación impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística de xaneiro a xuño

18 ene 2025 . Actualizado a las 20:27 h.

Do 22 de xaneiro ao 18 de xuño • Entre o coñecemento do mar que traerán o vindeiro 22 de xaneiro as redeiras do Fieital e o ritmo roqueiro con mensaxe que ofrecerá Pakolas no concerto Ecoralia, a lambona ecolóxica, o 18 de xuño, pequenos de 0 a 6 anos terán todo un mundo de opcións en Carballo para aprender das cuestións máis diversas, e en galego. Farano da man do programa Medrando con Apego, iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística, co que habería que contactar de querer información ou tamén inscribirse nas citas: snl@carballo.gal.

O programa divulgado este sábado polo Concello virá así:

• 22 de xaneiro. Ás 17.00 e 18.30, nas escolas do xardín Agra de Caldas: Coñecendo o mar, coas redeiras O Fieital.

• 5 de febreiro. Que contan os fósiles? Tamén nas escolas, con Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC. Ás 17.00 e 18.30 horas.

• 19 de febreiro. A nosa lúa, con ese mesmo grupo, e nos mesmos horario e lugar.

• 12 de marzo. Ás 17.00, no mercado, con Bonecos Animación. De 0 a 6 anos!

• 26 de marzo. Máis música, con Xabi Longueirón.

• 9 de abril. Andaina Anllóns Rede Natura, con Vía Inqueda.

• 23 de abril. Tarde de contos en familia, con Cris de Caldas.

• 7 de maio. Bos días, Leo, a cargo de Trémola Teatro.

• 21 de maio. Canto e bailo miúdo, coa Escola do Alprende: ás 17.00 nas Escolas.

• 4 de xuño. Amar no mar, contacontos interactivo para familias con Ana Prema.

• 18 de xuño. Concerto de Pakolas, no mercado, para nenos tamén de ata 6 anos.