
O Abaladoiro | Unha selección de trinta obras presentadas ao certame poderán verse no Pazo da Cultura ata o vindeiro 1 de febreiro
14 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Unha selección de gravados que concorreron ao XVIII premio de arte gráfica Jesús Núñez, convocado anualmente pola Deputación da Coruña, pódese ver dende onte no Pazo da Cultura de Carballo.
Son trinta as obras que estarán expostas ata o 1 de febreiro na sala Alberto Gende do terceiro andar, incluíndo a gañadora —10 grados, do bilbaíno Juan Carlos Escudero— e os dous accésits outorgados ao polaco Mateusz Patrzyk e á logroñesa Maite Pinto. Poderán visitarse de luns a sábado, de catro a oito da tarde.