
A comunicadora, docente e escritora presenta a súa primeira novela, «O espírito das Maceiras»
28 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A comunicadora, docente e escritora carballesa Silvia Tasende continúa coa xira de presentacións da súa primeira novela, O espírito das Maceiras, que vén de lanzar con Medulia Editorial e da que esta tarde falará no Casino de Carballo. Será ás sete e estará acompañada da tamén xornalista Alejandra Mareque.
O volume, contou ela mesma para La Voz hai unhas semanas, é unha novela coral que transcorre na aldea chamada Morriña, un lugar no que, chegado o momento, a protagonista deberá decidir se queda ou non. Hai retrospección, hai lembranzas, hai recordos e hai, sobre todo, unha homenaxe «ás aldeas íntimas e remotas» que se levan dentro e que ás veces mesmo protexen do mundo.

Así o explicou ela mesma e diso falará esta tarde no Casino. Entrada libre e gratuíta.