CCA e Concello traen a Papá Noel a Carballo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

basilio bello

A primeira das visitas será este venres 20 de decembro, entre as 17.30 e as 20.30

18 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Do venres 20 ao martes 24 • CCA de Carballo e concellería de Promoción Económica unen forzas para facer posible unha nova visita de Papá Noel a Carballo. Farao do venres 20 ao luns 23, de 17.30 a 20.30, e tamén o martes 24, de 11.00 a 14.00. Recollerá cartas e ilusións nunha casa de madeira instalada na Praza do Concello. Non estará só Noel, pois tamén chegará con elfos.