Das cantareiras ao baile tradicional: cita en Carballo para este domingo 15
CARBALLO MUNICIPIO
A Asociación de Gaiteiros Galegos celebrará na capital de Bergantiños unha das súas xornadas: centro social de Bértoa
09 dic 2024 . Actualizado a las 19:41 h.Domingo • A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) celebrará este domingo en Carballo, con punto de encontro no centro social de Bértoa, unha nova edición das súas xornadas de baile tradicional. Incluirán relatorios e obradoiros a cargo de Beatriz Busto, Mar de Bouzas e Ramón do Serrador. Trátase dunha iniciativa subvencionada pola Deputación, coa que colabora o Concello, e que se anticipa á celebración das Letras Galegas 2025, nas que cantareiras e poesía popular oral serán as protagonistas, personificadas en Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Prudencia, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema (pandeireteiras de Mens). A apertura do programa está prevista para as 10.00 horas, e logo chegará o primeiro relatorio: Os corpos rev(b)elados: poder, xénero e dicotomía no baile: 10.30. Mar de Bouzas liderará un obradoiro ás 12.00 sobre os tipos de baile solto en Mens, e ás 16.00 fará o propio Ramón do Serrador co taller Baile solto na serra de Montemaior. Inscricións de balde —prazas limitadas— en secretaria@gaiteirosgalegos.gal.