Pepe Carballude traerá «En terra allea» á libraría Brañas de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

A presentación desta nova novela do escritor estradense será o xoves 12 de decembro

07 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha mirada sensible aos dramas da xente sen futuro. un achegamento, dende a humanidade, ás migracións e emigracións. Ás historias grandes e pequenas. Todo iso garda, e así o contou xa La Voz, a novela En terra allea, de Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956). Saiu á rúa coa editorial Galaxia, baixo a colección Costa Oeste, e desta obra poderase saber moito máis en breve, pois o autor acudirá este vindeiro xoves 12 de decembro á libraría Brañas Verdes de Carballo. Será ás 19.30 horas, unha cita aberta a todos os interesados e, dende logo, tamén á mocidade, pois esta ben pode verse, e lerse, como novela xuvenil, un ámbito no que o autor ten longa traxectoria, con máis de dúas ducias de publicacións para público miúdo e mozo. Docente xubilado hai tempo —foi director do instituto Alfredo Brañas de Carballo—, Carballude é asemade tradutor, investigador e catedrático de Latín.