O Espazo Xove de Carballo suma Cantos de Nadal para decembro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

As irmás Hadri e Jenni Felpete
As irmás Hadri e Jenni Felpete ANA GARCIA

Hadri Felpete, da asociación Nemeth, encargarse desta actividade, prevista para o mércoles 11

07 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis programación para o Espazo Xove de Carballo, situado na rúa Valle Inclán. Así, ás propostas anunciadas xa para decembro, vén de sumarse unha nova, igualmente de balde e co único requisito da idade, pois é para público de entre 12 e 30 anos, preferentemente. Pasa a iniciativa polos Cantos de Nadal: o mércores 11, de 19.00 a 20.00, impartida por Hadri Felpete, da asociación cultural Nemeth. «Por que facer o mesmo de sempre? Para darlle un xiro ás clásicas cancións de Nadal, faremos unha versión dalgunhas panxoliñas (...). Ademais, para acompañar o canto, empregaremos utensilios de cociña, cunchas de vieira, botellas...», convidan. Aínda sendo gratuíto, cómpre inscribirse previamente dado que as prazas son limitadas: no 881 880 420/421, 672 017 171 (WhatsApp) ou nas redes @espazoxovecarballo.