A «plic!» de Carballo superou as 1.700 vendas de libros 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Case a metade das obras dispensadas foron en lingua galega. Este é o balance da Praza dos Libros 2024 

26 jul 2024 . Actualizado a las 20:26 h.

Logo das enquisas a libreiros, das valoracións de autores e da recollida de impresións do público, xa está na rúa o balance da última edición da Praza dos Libros de Carballo, a «plic!». Foi unha das mellores das 17 celebradas, en tanto que se os obxectivos son animar á lectura e fomentar a literatura galega, quedaron cumpridos: novo récord de vendas, con máis de 1.700 obras dispensadas, e case a metade delas en galego.

Promove a «plic!» a concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, co apoio da Fundación Luís Calvo Sanz. Como é habitual, entre os títulos máis vendidos, os das presentacións, sobresaíndo dous: De centeo e durmideiras, de Rosalía Fernández, e O legado da nena do sal, de Elena Gallego. Tamén destacados: Dun poema as ardentes estrofas, O Camiño dos Faros, Entroido e As alumnas. A trintena de actividades tiveron moi boa afluencia, con peso do xoves e o domingo, xornadas de feira, sendo insuficientes as latas de atún e os moletes de pan. Como novidade deste 2024, o Espazo Facal.