O novo volume de Espiral Maior sobre Eduardo Pondal, xa nas librarías

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Portada do libro
Portada do libro

Trátase dun libro que recolle as consclusións do Simposio Pondaliano que durante un ano se celebrou nas instalacións de Espiral Maior Foro en Carballo. Será presentado na Praza dos Libros a vindeira semana

04 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende hoxe mesmo xa pode conseguirse nas librarías Dun poema as ardentes estrofas. Visións arredor da obra de Eduardo Pondal, o volume no que se recollen algunhas conclusións do Simposio Pondaliano que durante un ano tivo lugar no espazo carballés de cultura Espiral Maior Foro.

Participan nesta obra colectiva Paula Cousillas Pena, Dolores González de la Peña, Marcial Tenreiro-Bermúdez, Miguel Ángel Martínez Quintanar, María Teresa Angeriz Agrelo, Antonio Andrade Figueiras, Afonso Xabier Canosa Rodrigues e Luís G. Soto, propoñendo todos eles visións diferentes á vida e obra do bardo pontecesán.

«Que este libro, ‘‘ardente'' tamén no traballo das súas brillantes autoras e autores, contribúa a iluminar con novas faíscas de coñecemento a obra poética do gran poeta bergantiñán», recolle no limiar Miguel Anxo Fernán Vello, escritor, editor e responsable de Espiral Maior Foro.

O papel da muller en Queixumes dos pinos, a muller como símbolo de Galicia na poesía pondaliana, un achegamento á lingua de Pondal dende a oralidade ou os nomes de lugar na obra do bardo son algunhas das temáticas abordadas neste volume, que será presentado durante a PLIC! en presenza de varios dos autores participantes.