«Isto é un pequeno milagre»: Contos de Primavera xa ten premiados
![Patricia Blanco](https://img.lavdg.com/sc/1QuGWHcXp5fq29ciuxBEsXzFXj4=/75x75/perfiles/74/1416929541940_thumb.jpg)
CARBALLO MUNICIPIO
![](https://img.lavdg.com/sc/EJoNs4VT9kbnuHBCEdukFNFcol0=/480x/2024/05/11/00121715451182932111218/Foto/C_20240511_170646001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/dQ3SRqBwSBWh6oSJRjxsfazckrM=/480x/2024/05/11/00121715450881893795149/Foto/C_20240511_170636002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/yeSQ6w8kRyWyUoeXbgxvkBNy5bg=/480x/2024/05/11/00121715450882191576892/Foto/C_20240511_170636003.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/09x--IOqVRRYC718f256ANYkD7Q=/480x/2024/05/11/00121715450882506759402/Foto/C_20240511_170636004.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/LYf2D2pWfzlr-gcO6jpuvAJw0JY=/480x/2024/05/11/00121715450882834178569/Foto/C_20240511_170636005.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/1kQPYTlGVAzEL8mpI-WFdDDXAtY=/480x/2024/05/11/00121715450883119576930/Foto/C_20240511_170637000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Y3eeSFKIvwlTSC3hcuRK2R1Yr-A=/480x/2024/05/11/00121715450883397123385/Foto/C_20240511_170637001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/IeNYofHEhINSebONxIkn7ucnplA=/480x/2024/05/11/00121715450883690873511/Foto/C_20240511_170637002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/AdURfbeVVwGzD5CxdDjLkEGew1k=/480x/2024/05/11/00121715450883975871345/Foto/C_20240511_170637004.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/EzxJF87lY689ZwV-pz48oVwi0Ws=/480x/2024/05/11/00121715450884267738446/Foto/C_20240511_170637003.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/VmKVn9qCTNjoQOKeucykMXMCALM=/480x/2024/05/11/00121715450884560936849/Foto/C_20240511_170638001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/-jisiQEgyDTtzk0-omcPAHgMRZ8=/480x/2024/05/11/00121715450941909340205/Foto/C_20240511_170638003.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/dodPt_nPDmcxeVm04tid79G8KfI=/480x/2024/05/11/00121715450942229631324/Foto/C_20240511_170638004.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/YXbcNEWO_3tUlC4vBDY8aCBw9pM=/480x/2024/05/11/00121715450942533788715/Foto/C_20240511_170638002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/IcIoHs9pmylCGLXbhfWg0BFaLyo=/480x/2024/05/11/00121715450942814581173/Foto/C_20240511_170638006.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/2oDH4jUb8Y_eMaxvcL9rTxoELm0=/480x/2024/05/11/00121715451001792195207/Foto/C_20240511_170638007.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Ul9hjSzZpMKbkwVWHggiaK6ajs0=/480x/2024/05/11/00121715451002109296725/Foto/C_20240511_170638008.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/eIeJvkmRdFqHgi0YsqBG8YyDiDI=/480x/2024/05/11/00121715451002416444489/Foto/C_20240511_170639001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/v5p8XhaKsqopQvCg1tvOG6D80Ug=/480x/2024/05/11/00121715451002752908848/Foto/C_20240511_170639006.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/DCZCNLf_tUffE_a1IitOLyg1G2A=/480x/2024/05/11/00121715451003066246779/Foto/C_20240511_170639007.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/un1vliedgwtEYNZqtxWBrAGF6Jk=/480x/2024/05/11/00121715451063156859969/Foto/C_20240511_170639008.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/cyeVG658I_st5YmcAdv1Kl7gWFA=/480x/2024/05/11/00121715451063498820267/Foto/C_20240511_170640000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/FDoINXTcPCl0thKnu2yUGe8cgs0=/480x/2024/05/11/00121715451063810966957/Foto/C_20240511_170640001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/f1M52O-8S-qFuSamkkGs86AdJpY=/480x/2024/05/11/00121715451064350668894/Foto/C_20240511_170640002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/HeezERuoZUxepxt5BM0IHXu88r4=/480x/2024/05/11/00121715451064642889299/Foto/C_20240511_170641001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Obvlim2IMv-Aa6Po9t_9QbYIDBg=/480x/2024/05/11/00121715451064954937854/Foto/C_20240511_170641002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/UCk00s5xbchGPh4PWS6DofyuatM=/480x/2024/05/11/00121715451065251346482/Foto/C_20240511_170641004.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/t6bdA_0P8UIby1-yUQwpQEfMLVk=/480x/2024/05/11/00121715451065535590669/Foto/C_20240511_170642000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/TIimoUfK9EOWcUbxl6OAU0RN-XM=/480x/2024/05/11/00121715451065834994686/Foto/C_20240511_170642002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/cSrx4Q6fIXybdgPkG4m9CKTg5dw=/480x/2024/05/11/00121715451066385711711/Foto/C_20240511_170642005.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/F6FFmGmN7gPIA5dYoJXc7U9G8zY=/480x/2024/05/11/00121715451123117391329/Foto/C_20240511_170643000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/d9-7rK03G5YcGg46lLtUNRnlIK8=/480x/2024/05/11/00121715451123400352355/Foto/C_20240511_170644000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/3TwQaArtFtxdj0ex-d_3CBSfi00=/480x/2024/05/11/00121715451122191290352/Foto/C_20240511_170644001.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/_hi8Pf8wwYVc6C5Myaf5JweqvTU=/480x/2024/05/11/00121715451122494549901/Foto/C_20240511_170645002.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/6ikrGt-tpdn0Eclse7Bp4ml_2dw=/480x/2024/05/11/00121715451122792129172/Foto/C_20240511_170645004.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/B9Mq-JXIIwZJnza48hMUyl32rvo=/480x/2024/05/11/00121715451182008125249/Foto/C_20240511_170645005.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/utmPxTJYhi5RSsp8e1hoyGfa-pk=/480x/2024/05/11/00121715451182344249777/Foto/C_20240511_170646000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Gpshem5DftfOOaJTcb11f9t7TEQ=/480x/2024/05/11/00121715451182638227483/Foto/C_20240511_170647000.jpg)
A sede do Grupo Calvo, en Carballo, acolleu este sábado o acto de entrega de galardóns: así foi e así quedou en imaxes
16 may 2024 . Actualizado a las 20:06 h.«Moitas grazas pola vosa pequena, pero grande aportación ao mundo das letras». A sede do Grupo Calvo, estreando espazo ao aire libre, acolleu este sábado a entrega de premios da 7.ª edición do concurso Contos de Primavera de La Voz e Radio Voz, e esas palabras iniciais foron as dedicadas aos dez rapaces premiados pola directora do colexio Manuela Rial Mouzo, Gema Fernández. Honrada por representar ao centro no que estuda Pablo Velay, autor do texto merecedor do primeiro galardón, trasladou como logo farían as demais voces os seus parabéns a participantes, familias e organización, «por facer posible que a maxia da literatura cobre vida». Mención especial foi a súa para o profesorado, «cun papel fundamental á hora de motivar e ilusionar ao alumnado». «Os que temos a sorte de traballar entre nenos non deixamos de sorprendernos coa súa imaxinación. Hoxe non só celebramos o talento individual destes rapaces, senón tamén a importancia da diversidade de voces e perspectivas no mundo literario, son estas diferenzas as que nos enriquecen e permiten ver a contorna dende ángulos novos», abundou. Compartir historias, e en galego, agranda non só «o noso legado literario» senón que tamén fortalece «o noso legado cultural».
![](https://img.lavdg.com/sc/4HeBHPm_wRNIpYGPAkmUbu6eHzM=/480x/2024/05/11/00121715443922798314802/Foto/CY12C3F2_181042.jpg)
Faros, castros, montes, ríos, agro, música tradicional, paisaxe... Todo iso e máis fixeron constar os 10 autores dos contos que maior puntuación acadaron. Confesouse «feliz» Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, calificando o de onte como «pequeno milagre». «Ter unha Orquestra de Corda interpretando a Tchaikovsky ou a Sibellius nunha factoría, e ter ao maior grupo de comunicación de Galicia entregando premios a mozos polo seu talento literario. Imaxinade o que se ten que dar aquí, que ambiente cultural, para chegar a este nivel de complacencia», afirmou aludindo á colaboración insterinstitucional.
![](https://img.lavdg.com/sc/6QVsD4Oup4ItD5oTwMPMswI9Bqo=/480x/2024/05/11/00121715444161497474300/Foto/CY12C3F7_181429.jpg)
Trema este certame e tamén a Costa da Morte da lingua, do idioma. O xeito no que o fai será algún día «materia para algún contador de historias». Chamou Valentín a ser conscientes da procedencia dunha «cultura antiga, prestixiosa», «nin mellor nin peor, a vosa», e chamou a levala «alí a onde o vento vos leve». «Facédeslle o maior favor, non esquezades este día, o dun dos premios máis prestixiosos de Galicia. Sodes o noso futuro». Queda pois reforzado o Batallón de Primavera.
![](https://img.lavdg.com/sc/37WgK0WYQhFKdmKII3avTfmkRUA=/480x/2024/05/11/00121715443862797597328/Foto/CY12C3F3_18104.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/O5hL_ObsdhXLjNNaHOOGMwS1Lw0=/480x/2024/05/11/00121715444043154984848/Foto/CY12C3F5_181246.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/N9B5jGffaEnsEsY9JU8B_Ik-VRI=/480x/2024/05/11/00121715443982682627555/Foto/CY12C3F4_181156.jpg)
«Abrimos a porta á primavera, ao mes de maio e ás Letras»
Ás portas das Letras Galegas, houbo este sábado lembranza para Luísa Villalta, homenaxeada este ano, escritora, mestra, violinista. Feliz estaría de escoitar á Orquestra de Corda do Conservatorio de Carballo, dirixida por Emma Urango e con mozos e mozas felicitados en reiteradas ocasións. «Para min é unha honra tervos a todos nestas instalacións», deu a benvida Luciano Calvo, presidente do Grupo Calvo, colaborador deste certame desde o seu inicio. Fixo el fincapé «no 50 %» dos premios que se van para Coristanco. Este concurso, abundou do seu lado a alcaldesa en funcións de Carballo, Belén Lendoiro, «abre a porta á primavera, ao mes de maio e ás Letras».
![](https://img.lavdg.com/sc/ZvF59lN-KfIcp5FPg_75QC9WD10=/480x/2024/05/11/00121715444102645967576/Foto/CY12C3F6_181335.jpg)
Falou da escrita como valores, como «xeito de estar no mundo», como creatividade e imaxinación fronte a un mundo no que o tecnolóxico, a inmediatez e o balbordo priman. Escribir esixe pararse, pensar, multiplica visións, contribúe á sensibilidade estética, ao «aprecio á beleza das palabras»: «Seguide imaxinando, inventando e escribindo sobre o que somos». Para Xosé Luís Vilela, director de La Voz, os 10 relatos publicados no xornal deste 11 de maio son un acontecemento á altura do ascenso do Leyma. «Contaxiado» pola creatividade, atreveuse onte cunha peza de teatro: de fondo, a mensaxe dunha sociedade máis humana, igualitaria, menos proclive ao xuízo. A lei a veces ten que ser cambiada. Foi Vilela quen entregou un detalle aos membros do xurado, integrado este ano por Santi Pazos, José Antonio Viña, Cabeza Quiles, Xosé Ameixeiras e Patricia Blanco.