Carballo une entretemento e lingua en salvamanteis

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Nova campaña de promoción do galego, coa hostalaría implicada e unha boa acollida 

27 feb 2024 . Actualizado a las 20:27 h.

O Concello de Carballo prosegue coas iniciativas de promoción do galego e, por segundo ano e en colaboración co sector hostaleiro, vense de realizar un reparto masivo de salvamanteis con pasatempos da revista A píllara, editada polo consistorio coa colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Tivo tanto éxito a fornada anterior, que se pasou de 20.000 a 50.000 unidades. Así, mentres un agarda por unha tapa, unha ración ou un xantar, o comensal pode entreterse e exercitar o uso do galego facendo unha sopa de letras ou un anagrama. Foi ben acollida a proposta e, a través da Asociación de Hostalaría, hai xa unha ducia de establecementos colaboradores. Sumouse este ano a cafetería Mercado, onde se presentou a iniciativa por parte do alcalde, Evencio Ferrero, e dos edís Xosé Regueira e Ángeles Pacoret. É unha proposta aberta a todos os interesados, que tan só teñen que achegarse ao mercado a partir das 18.00 e solicitalos en conserxería. Máis datos: snl@carballo.gal.