Novas iniciativas do Servizo de Normalización Lingüística de Carballo 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Carme Pereiro, reponsable do SNL de Carballo
Carme Pereiro, reponsable do SNL de Carballo Ana García

O SNL pon en marcha outra edición de obradoiros de acollemento lingüístico, así como de cursos preparatorios das probas Celga

06 feb 2024 . Actualizado a las 19:39 h.

O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo ten en marcha novas iniciativas, entre elas outra edición dos obradoiros de acollemento lingüístico destinados a persoas de fóra de Galicia. Levaranse a cabo sempre que exista un mínimo de 20 persoas. As clases comezarán en marzo, e serán martes e xoves, de 18.00 a 19.30, na Escola de Arrabaldes, na Milagrosa. Os interesados teñen este mes de febreiro para inscribirse, enviando un correo con nome, apelidos e teléfono de contacto a snl@carballo.gal. Completaranse as prazas por orde de chegada, ata un total de 25, que é o aforo máximo. Tamén repite o SNL impulsando cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, igualmente con prazo de matrícula aberto e mínimo de 10 participantes. As clases serán os xoves, de 19.30 a 21.30, no mesmo punto. Inscrición a través de snl@carballo.gal.