«O máis importante do transplante é que ofrece unha calidade de vida»

F. Rodríguez, S. G. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

CESAR QUIAN

A prestixiosa cardióloga Marisa Crespo intervén hoxe no Encontro Médico que se celebra en Carballo

18 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A prestixiosa cardióloga Marisa Crespo Leiro (Cea, Ourense; 1961) será unha das intervintes no segundo Encontro Médico de Bergantiños, que se celebra hoxe pola mañá no Pazo da Cultura de Carballo. Crespo, medalla de ouro e brillantes do Colexio Médico da Coruña, medalla Castelao e vicepresidenta da Sociedad Española de Cardiología, é unha referente internacional nesta especialidade, cun currículo abraiante: profesora titular de Medicina na UDC, coordinadora do Grupo de Investigación de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do Instituto de Investigación Biomédica; xefa de grupo no Chuac do Centro de Investigación Biomédica en Red Cardiovascular, e coordinadora do Rexistro Español de Tumores post-transplante cardíaco. «É unha honra participar neste encontro médico», dixo onte en Radio Voz Bergantiños.

—Un dos organizadores, Álex Ávila, dixo de vostede que é unha excelente comunicadora. Isto, no corazón senta ben, non?

—Inténtase. O corazón é un órgano moi importante no noso corpo. É importante comunicar e transmitir boas sensacións.

—Para o acto de hoxe, que será sobre as 13.00, Ávila pediulle unha charla sobre o transplante do corazón, no que o Chuac é un punto crucial. Que vai contar?

—Os transplante cardíaco é un tratamento moi complexo, que só é para pacientes con insuficiencia cardíaca avanzada, sen outra opción. E, neste sentido, o noso centro é o de referencia para Galicia. Xa levamos máis de 30 anos de percorrido, e é un dos tres centros de máis volume de actividade de España. Eu levo aquí 30 anos (cúmproos este ano). Cando cheguei había 40 transplantes realizados, e hoxe temos máis de 900. O máis importante do transplante é que ofrece ao paciente unha gran calidade de vida, unha melloría na supervivencia. E todo débese á xenerosidade dos donantes e a un traballo en equipo, no que participamos moitísimas persoas do hospital. E iso é o que nos dá unha gran satisfacción e un gran agradecemento aos donantes.

—Cales son os retos da cardioloxía e do transplante?

—A cardioloxía é unha das especialidades máis interesantes e con máis esperanza da Medicina. Cada vez hai máis avances, incluído o transplante. Cada vez necesítanse mellores fármacos inmunodepresores, con menos efectos secundarios, para prolongar a vida dos pacientes. E síntome moi honrada de ter sido elixida vicepresidenta da Sociedade Española de Cardiología.

«Hai moitos factores de risco controlables»

Crespo xa vai quedar ligada dalgún xeisto a Bergantiños tras estas xornadas especializadas.

—Tiña vostede algunha relación con esta comarca?

—Nada! Só que me encanta. Son de Ourense, de Cea, onde o mellor pan. Fixen a carreira en Santiago. Logo Madrid, Toledo, e dende hai 30 anos xa aquí. Eu non coñecía esta zona, e gracias a todos os visitantes e amigos, é onde os levo. Para min é unha honra poder estar aquí.

—Di Ávila que estas iniciativas pretenden achegar a medicina ao gran público, humanizala... Que temos que facer para ter ben coidado o corazón?

—Evitar os factores de risco. Hai moitos, e son evitables ou controlables, como o sedentarismo. E tendo unha dieta cardiosaudable. Hai que controlar a tensión, a diabete, o colesterol. Facer exercicio físico. Evitar o tabaco, evitar os tóxicos... Se evitamos eses factores de risco xa sabemos que diminuimos o risco de ter un problema no corazón.

El conselleiro asiste HOY al Encontro carballés

El Encontro Médico de Bergantiños se celebra hoy durante toda la mañana en el Pazo da Cultura, entre las 10.30 y las 14.00 horas. En la apertura estarán el alcalde, Evencio Ferrero, además del conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, además del presidente del Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, Luciano Vidán. También la jefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, y los organizadores, ambos de Carballo, Alejandro Ávila y Juan Carlos DíaZ del Valle.

Habrá una mesa redonda a las 11.00, titulada Medicina e algo máis que medicina. Será moderada por el gerente del Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, el larachés Francisco Vilanova, y participarán José González, médico de familia; Sonia Mosteiro, neurorradióloga; Manuel Rey, periodista carballés especializado en ciencia, y Héctor Lema, médico odontólogo. A la una de la tarde se retomará la actividad con la conferencia de la cardióloga Marisa Crespo. Después, en torno a la una y media, se realizará un homenaje póstumo al pediatra carballés (de origen coristanqués) Pedro Tasende Díaz, fallecido a principios de este año.