Carballo inaugura o Xardín do Xestal coincidindo co Día do Orgullo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

E. Forján

O acto está previsto para as 12.30, coa participación do alumnado do colexio A Cristina e a actuación do dúo Curuxa

28 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Carballo celebra o Día do Orgullo coa inauguración do Xardín do Xestal na honra do gran humorista e folclorista Carlos Díaz. O acto está previsto para as 12.30, coa participación do alumnado do colexio A Cristina e a actuación do dúo Curuxa.

«Este ano queremos dedicarllo a Carlos Díaz, O Xestal, porque cremos nunha sociedade que respecta a diversidade sexual», indican dende o Concello. Por iso se inaugura un «espazo cheo de cores» preto do Xardín de Rosalía e da praza de Xela Arias, no parque do Anllóns. O acto é aberto a toda a cidadanía e será presentado pola concelleira Maica Ures. Carla Trigo e Raúl Lista, estudantes de A Cristina, farán unha introdución á figura do Xestal, que sufriu represión, humillacións e prisión pola súa condición sexual. Tamén intervirá o alcalde. O Xestal foi humorista, fundou e formou parte de numerosos grupos musicais e levou unha intensa vida cultural.