O «Apaga o candil» máis grande da historia, o 17 de maio en Carballo
CARBALLO MUNICIPIO
Deu a coñecer o Concello a súa programación das Letras Galegas, entre elas esta cita presentada por Gayoso e Xurxo Souto en memoria de Carlos Díaz, neste ano que é o seu, o Ano do Xestal
04 may 2023 . Actualizado a las 17:28 h.A representación teatral de Flores de ferro abrirá na noite deste venres 5 de maio o programa das Letras Galegas en Carballo, dado a coñecer de forma íntegra polo Concello. Organiza o departamento de Cultura e colaboran Administracións, institucións e entidades variadas nun almanaque que, en realidade, xa botou a andar mércores, cun contacontos a cargo de Alba Bermúdez na Rego da Balsa. Suman formaza Deputación, concellaría de Normalización Lingüística, Fundación Luís Calvo, Conservatorio de Música, Vagalume, Lumieira, Arume, Senda Nova e Comisión organizadora Ano do Xestal. Anote:
Mércores 10. «U-la lúa?», con A Xanela do Maxín, ás 18.00, na bibliotea. Reserva.
Sábado 13. Foliada dos Cativos, 26.º Encontros Culturais de Arume de Berdillo. Promove a rama xuvenil da entidade: 18.00, local social.
Luns 15. O «Apaga o candil» máis grande da historia. Xuntanza de nenas e nenos para interpretar esta peza na memoria de Carlos O Xestal. Presentarán Xurxo Souto e Xosé Ramón Gayoso. Actúan @s Jaloch@s e Escola do Alprende. Ás 11.30, na Praza.
Mércores 17. O día máis intenso. A partir das 111.00, pasarrúas coa banda municipal de gaitas. Apertura ás 11.00, no xardín, de Letras na Rúa. Dende esa hora, impulsado por Lumieira e coa colaboración de Calvo, novo concurso infantil de pintura e debuxo. Monicreques con Inacio Vilariño ás 11.30: «A viaxe feliz de Ramón San Fiz». Ás 12.30, no xardín, exhibición da Escola de Regueifa. Finalmente, ás 13.00, Concerto das Letras da Banda de música: rúa Coruña.
Xoves 18. Exposición «O curtidoiro»: 20.00 horas.
Sábado 20. Presentación-coloquio do libro «Misterios e encantos de Bergantiños», de Juan Félix Neira: 18.00, Cances. Promove San Campio.
Mércores 24. Contos con ioga, ás 18.00 na biblioteca.
Sábado 27. Dobre pase con Vagalume Animación no Pazo: 17.00 e 21.00. Ás 18.00, Xuntanza de acordeón en Berdillo.
Luns 29. Concerto Orquestra e Coro Conservatorio: 19.00 horas, no Pazo.
Mércores 31. Concerto tributo a Eduardo Coma, artista e docente no Conservatorio, falecido o pasado mes de novembro: 19.00.