Xesús Deus Gende: «Temos cen propostas no noso programa político»
CARBALLO MUNICIPIO
A CARREIRA ELECTORAL | O candidato carballés de Por un Mundo máis Xusto asegura que a humildade e a igualdade son dúas das características principais deste partido
22 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Xesús Deus Gende (Entrecruces, 1967) lidera o proxecto político Xuntos-Por un Mundo máis Xusto. Leva moito tempo xa traballando polas parroquias e casco urbano, e nos dous comicios anteriores estivo á fronte da agrupación Son.
—Nas últimas eleccións estaba todo listo, pero finalmente non puido ser.
—Foi unha decepción por un partido [co que ía coligado] que non cumpriu coas súas obrigas electorais.
—E agora, Xuntos Carballo. Por un Mundo Máis Xusto.
—Estamos vencellados a un partido a nivel nacional que se chama Por un Mundo Máis Xusto (M+J), e con estas siglas imos. Empezamos como Xuntos Carballo o 15 de maio do 2019, e despois tivemos a sorte de atopar un partido coma este, humanista, que se adaptaba moi ben á nosa ideoloxía: traballar polos máis vulnerables e por una sociedade máis xusta. Vimos reflectido o noso rigor, o noso respecto, a nosa fraternidade, sen deixar de lado a nosa humildade, que é o que nos caracteriza. Imos con M+J. Temos na candidatura unhas persoas moi preparadas, cada unha na súa área, moi encamiñado ao que cada persoa defende.
—Nesa parte ideolóxica, que pode destacar no programa electoral de Xuntos?
—Nós temos cen propostas no programa político. Non creo que todo o mundo o poida ver todo. Se botamos contas das demandas veciñais que levamos feitas a través dos medios, o que a veciñanza nos fai chegar, levamos cen puntos no programa. E eses cen podemos agrupalos en dez grandes grupos. Podería levarme dúas horas desenrolalos. Pero por citar algo do máis destacado, o fundamental é a atención á cidadanía. Empatizar, escoitar e actuar. E tamén os servizos sociais de calidade que garantan a dignidade das persoas, sen letra pequena, que hai moita por desgraza cando se vai aos servizos sociais do Concello. O terceiro eixe é un control exhaustivo en materia medioambiental (vertedoiros, talas de madeira controladas, augas fecais a ríos e regos...). Por suposto, temos as melloras urxentes a estradas, ademais de beirarrúas e saneamento. Hai moitas necesidades. Tamén buscamos acordos e consensos, sen enfrontamentos, polo ben dos cidadáns. Iso fai falta na circunvalación, na ampliación do centro de saúde, o edificio para entidades sociais (que é fundamental)... Aí o consenso é clave. O cumprimento da lei de benestar animal é moi importante, non se cumpre moito coa lei.
—Cal é o seu obxectivo de cara a este 28M?
—Non temos ningunha dúbida para saír a gañar. Temos equipo suficiente e un partido que nos aporta administrativa, legal, económica e xuridicamente o que precisa un partido para gañar. Non temos arrogancia nin prepotencia. Somos xente sinxela que pode facer un excelente labor igual que un avogado ou un arquitecto. Igualdade e humildade, sempre.
A LISTA
- Xesús Deus Gende
- José Luis Bardanca Rojo
- Patricia Rodríguez Cruz
- Nieves Sánchez Calle
- Marco Bardanca Mato
- Tania Otero Iglesias
- Perfecto Méndez Lema
- Sandra Pérez Lorenzo
- Víctor M. Fraga Arantón
- María Jesús Seoane Vázquez
- Fabián Aldao Sánchez
- Brenda Manteiga Blanco
- Tobías Sanos Aldao
- María Luz Cambón Varela
- José Manuel Duarte Doldán
- María Esperanza Pérez Rama
- Mª del Mar Ordóñez Abelenda
- Adrián Bardanca Martínez
- Mónica Martínez Castro
- Iván Fraga Echeverry
- Mª del Carmen Piñeiro Piñeiro
PREFERENCIAS
- A qué hora se ergue? 6.30 ou 7.00
- Qué almorza? Café con leite, de cápsulas
- Un prato preferido? Churrasco
- Que non comería? Se tes fame, comes de todo
- Bebida preferida: Refrescos de cola
- Equipo de fútbol: Fun moi deportivista
- Que coche ten? Skoda Fabia do 2009
- Unha afección: A política
- Un lugar: Entrecruces, o meu paraíso
- Redes sociais que utiliza: Facebook e Instagram
ARTES E LETRAS
- Escritor ou escritora favoritos: Todo libro é interesante
- Último libro que leu: O Quijote. Estou con el de novo.
- Última película que viu: Avatar, gustoume moito.
- Un ou unha artista: Todos teñen o seu mérito.
- Un actor: Ningún en especial
- Unha actriz: O mesmo
- Un ou unha cantante ou grupo: Toda a música. Folk, rock...
- Tipo de música: Un pouco de todo, varía o día
- Deporte que practica: Ando moito
- Unha viaxe pendente: Non teño, moi a gusto en Galicia