Regueifa por partida dobre en Oza, con Suso de Xornes de mestre

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

Regueifaron e comeron regueifa recén chegada de Santiago, como premio para a Escola de Carballo 

16 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Compartiron este venres en Oza regueifa por partida dobre, e verán por que. Dun lado, acolleu este núcleo carballés unha nova sesión da Escola da Regueifa de Carballo, desta volta cun mestre especial, Suso de Xornes, quen puido exercitar esa improvisación oral co alumnado e mesmo ficar sorprendido do nivel pese ás poucas clases que levan. Pola outra banda, os presentes aproveitaron para festexar o premio do Enreguéifate recollido horas antes en Santiago e compartiron a regueifa (rosca) que lle foi outorgada á Escola polos versos mellor falados. «Foi unha boa oportunidade de aprender as tonadas da zona bergantiñá», din sobre a velada, quedando claro que «hai canteira regueifeira» en Bergantiños. Desde o auditorio de Galicia de Compostela ata esta vila carballesa, dereitiños que foron alumnos e puntais como a coristanquesa Lupe Blanco. ¡Que rápidas aeroliñas!