Xosé Manuel Beiras, en Espiral Maior, Carballo, este próximo martes 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Sandra Alonso

O espazo carballés promove un encontro con tertulia e debate: Pensament e literatura

15 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Martes 18 • 20.00 • Baixo o lema de Pensamento e literatura organizou o espazo Espiral Maior Foro de Carballo un encontro con Xosé Manuel Beiras: será o martes 18, ás oito da tarde, con tertulia e debate para analizar co autor as súas últimas obras publicadas, entre elas as traduccións ao galego de La chute (Camus), Adolphe (Benjamin Constant) ou Espertemos (Edgar Morin). Referente do ensaísmo galego, tamén ten numerosa obra económica e de pensamento político e social. Con Beiras estará Miguel Anxo Fernán, director do espazo. Acceso libre e de balde.