O certame Enreguéifate recompila 43 regueifas como candidatas aos premios 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Un obradoiro de regueifa con Lupe Blanco
Un obradoiro de regueifa con Lupe Blanco Ana García

O fallo do xurado farase público a partir do vindeiro 20 de marzo. A entrega de premios, o 14 de abril

15 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Concluíu este pasado venres o prazo para participar no Enreguéifate 2023, promovido polo Servizos de Normalización Lingüística de varios concellos, entre eles o de Carballo. Finalmente foron 43 as regueifas inscritas, 35 na categoría escolar e 8 na xeral, chegadas de Carballo, pero tamén de Burela, Compostela, Dodro, Vila de Cruces, Mourente, Teo, Vilalba ou Ames, entre outros lugares.

Todas as participantes poden verse xa na canle de Youtube do certame e tamén na web: este martes mesmo botou a andar a fase de votación do xurado, cuxo fallo se fará público a partir do 20 de marzo. Serán seis premios: regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada. A entrega: o vindeiro 14 de abril, en Santiago.