
O 21 de maio, seis autores emerxentes participarán nun encontro que culminará cun concerto de Chichárrón
04 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Espiral Maior Foro programou para o vindeiro 21 de maio, Día Mundial da Poesía, un acto poético-musical co que conmemorar esta efeméride proclamada pola Unesco no 1999. No acto, previsto para as 20.00 horas na sede deste espazo cultural e organizado en colaboración coa asociación Lumieira, participarán «seis importantes poetas emerxentes, voces do presente e do futuro», segundo sinala Miguel Anxo Fernán, director de Espiral Maior. Chegarán de Carballo, Bergantiños e Costa da Morte, conformando unha «constelación plural e diversa»: Raúl Herrera, Ainhoa Conde, Ronsel Pan, Juan Couto, Natalia Lema e Diego Cousillas. O encontro finalizará cun «concerto de salón» do grupo carballés Chicharrón, que con dez anos prepara a saída inminente dun novo disco, O que nos queda por non dicir.