Estes serán os colexios participantes nesta nova edición do programa e os primeiros enfrontamentos
06 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Xa é un costume en Ecovoz. Fran e Lena Rodríguez foron os encargados de efectuar no estudo de Radio Voz Carballo o sorteo do que saíron os emparellamentos da primeira fase do concurso Ecopreguntoiro, unha das partes esenciais deste programa. O azar foi o que decidiu cales serán os enfrontamentos nas próximas semanas. O programa radiofónico Ecovoz, pioneiro en Galicia, emítese os venres de 17.00 a 18.00. O espazo tamén conta con seccións como Ecoactivos, que dá voz a proxectos e entidades que destacan pola xestión dos residuos, así como outras xa habituais, tales como os ecoconsellos ou os minutos dedicados ás propostas escolares de En clave circular.
COLEXIOS PARTICIPANTES E LOCALIDADE
- CPR Manuela Rial Mouzo Cee
- CPR Plurilingüe La Merced Sarria
- CPR Santa Juana de Lestonnac Ferrol
- CPR Plurilingüe La Encarnación-Salesianas Caldas de Reis
- CEIP O Coto Negreira
- CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa O Barco de Valdeorras
- CEIP A Lama Pontevedra
- Colexio María Assumpta-Jesuitinas Noia
- CPR La Milagrosa Ribeira
- CEIP Albeiros Lugo
- CEIP Padre Crespo Xunqueira de Ambía
- CEIP de Laredo- Chapela Redondela
- CEIP Nosa señora de Xuvencos Boborás
- CEIP A Laxe Ferrol
- CEIP de Celeiro Viveiro
- CEIP Plurilingüe Seis do Nadal Vigo
OS ENFRONTAMENTOS INICIAIS
O calendario de quendas estableceu os primeiros emparellamentos. Así, os rapaces do Manuel Rial Mouzo veranse as caras cos de La Merced. E, os de Santa Juana de Lestonnac cos pontevedreses da Encarnación.