Os cursos de galego en Carballo completan prazas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Está a ser moi ben acollido, ademais, o ciclo Actívate, actividades polas parroquias 

04 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Medio cento de persoas están a participar nos cursos de galego organizados polo Servizo de Normalización Lingüística de Carballo. As sesións comezaron esta semana no Fórum, con moi boa recepción, doutro lado, para o taller de acollemento lingüístico, en tanto que as 20 prazas están cubertas xa por persoas de distintos países e continentes que terán nesta iniciativa unha vía para facilitarse a integración (xoves, de 18.00 a 19.30, ata o 22 de xuño). Tamén foi alta a demanda dos cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4: unha trintena de alumnos e alumnas repartidos en dous grupos: xoves, de 19.30 a 21.00, ata o 1 de xuño.

Continúa ademais en Carballo, con boa participación, o programa itinerante de actividades polas parroquias: Actívate. En Aldemunde rematou o martes o curso de manexo de móbil para maiores, con 19 inscritos. Ao día seguinte botou a andar en Rus. Tamén en Aldemunde recibiron o mércores a dous axentes da Policía Local, José Antonio Andrade e Ramón Anido, para falarlles de seguridade viaria. Con eles estiveron o alcalde, Evencio Ferrero, e os edís Juan Seoane e Mar Eirís.