Marta, a «alcaldesa» do CEIP Fogar que compartiu asento co rexedor carballés

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

CONCELLO DE CARBALLO

Máis de oitenta cativos do colexio carballés visitaron o salón de plenos e charlaron co alcalde, Evencio Ferrero, e co concelleiro Luis Lamas

03 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo de celebrar as súas propias «eleccións», o CEIP Fogar elixiu como alcaldesa a Marta, unha pícara que nunha visita celebrada ao salón de plenos carballés ocupou a zona presidencial xunto ao mandatario, Evencio Ferrero, e o edil Luis Lamas. Marta e as súas concelleiras estiveron acompañadas dun nutrido grupo de 82 alumnos de segundo de primaria do colexio carballés, que puideron coñecer con detalle os pormenores da vida municipal.