Regueifa por partida triple nas vindeiras semanas, en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Un obradoiro con Lupe Blanco e Alba María, anos atrás, en Carballo
Un obradoiro con Lupe Blanco e Alba María, anos atrás, en Carballo

Ao taller previsto no Casino, súmase outro coa Escola do Alprende e un terceiro no Espazo Xove

30 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O do Casino, o 10 de febreiro, será o primeiro, mais non o único. O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo, coa técnica Carme Pereiro ao fronte, suma polo menos dous novos obradoiros de regueifa para próximas datas, un deles coa Escola do Alprende de Oza, no tempo de entroido, e outro para o 3 de marzo, no Espazo Xove, dependente da consellería de Política Social, da man da asociación cultural Nemeth: entre as 19.00 e as 20.30 horas. A posibilidade de levar a cabo obradoiros con entidades xa foi comentada recentemente pola concelleira Maruxa Suárez en Radio Voz, visto o éxito dos talleres nos centros escolares (ata en etapa infantil!) e tendo en conta, sobre todo, que Bergantiños é berce de regueifa. Unha tradición propia e un xeito de darlle uso á lingua.