Os mellores creadores e o mellor contido en galego na Rede, premiados en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

A gala de Youtubeiras repartiu na noite deste sábado 7.500 euros en galardóns. Así quedou o podio!

29 ene 2023 . Actualizado a las 00:27 h.

Os oito galardóns da sexta edición dos Premios Youtubeiras xa teñen donos. Galardoouse no Pazo de Carballo aos mellores creadores e ao mellor contido en galego na Rede. Non o tivo doado o xurado, cribando 22 propostas finalistas de entre 75 canles participantes e, finalmente, as sete iniciativas premiadas (1.000 euros cada premio), ás que se sumou o título por parte do público, dotado neste caso con 500 euros. Importe tota: 7.500. 

Premio á canle. Recaeu en Toxío. «Alta calidade comunicativa, técnica e estética» e «continuidade e periodicidade de contidos, cun dominio emocional e ético» foi o que valorou o xurado.

Premio á Youtebeira/o. Foi parar a Neeumatiko. «Rerefente do Youtube en galego», apuntou o equipo valorador no seu ditame, así como «alta capacidade comunicativa e lingüística».

Youtubeira/o revelación. Elixiuse a Histérikas Histórikas, «por unha forma fresca de presentar contidos, cunha alta repercusión, cun formato innovador no Youtube galego», indicaron.

O mellor vídeo. Eduardita, de Piratas en parche. Calidade técnica, creatividade e «orixinalidade na transmisión da mensaxe» foi o valorado polo xurado.

BASILIO BELLO

Calidade lingüística. O galardón recaeu na canle Falemos do Reino de Galicia, «pola capacidade para manter os trazos dialectais nun rexistro culto e normativo». Un uso da lingua «natural e sen complexos», engadiron.

Premio Pioneiro. Para Pingando-Laura Veiga, por ter introducido de forma atractiva unha nova temática na Rede, amosando que «a lingua non ten cancelas».

Premio Rede. Para A Lobeira Today, «pola súa constancia para fortalecer a comunidade virtual, por crear e manter vínculos».

Premio do público. Por cifra de votos, foi para Bembibre coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez.

Ademais de visibilizar os perfís xeradores de contidos en galego na Rede, Youtubeiras é un proxecto que, á par, pretende estimular esa creación. Promoven os servizos de normalización lingüística de doce concellos galegos —este venres moitos deles representados—, así como as tres universidades e a Deputación, presente esta última onte a través da deputada María Muíño.

BASILIO BELLO

Ela, xunto coa edila de Normalización Lingüística de Carballo, Maruxa Suárez, e a coordinadora de Youtubeiras, Carme Pereiro, tiveron o cometido de dar a benvida. Presentou a gala Cristina Collazo, cun formato concurso televisivo que animaron LaMontagne e PicoAmperio.