Pluma local nos centros de ensino carballeses

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

.

O Concello repartiu polos colexios lotes de libros coas publicacións máis recentes de autores locais

26 ene 2023 . Actualizado a las 19:48 h.

O departamento de Cultura de Carballo entregou nos centros educativos do municipio un lote de libros de autores locais co obxectivo, indicou o responsable da área, Marcos Trigo, de «apoiar a creación local» e de que os colexios dispoñan das publicacións máis recentes de autores carballeses nas súas bibliotecas. Entre os volumes entregados están os recentes Alberto Gende. Encher o baleiro, dos irmáns Xurxo e Juan Gende, ou Buño de seu, de María Barca, pero o Concello xa ten repartido en anteriores ocasións traballos doutros autores como Xan Fraga, Alberto Varela, Xurxo Borrazás ou Rosalía Fernández Rial.