Carlos Callón presenta hoxe obra en Espiral Maior Foro, Carballo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

XOAN A. SOLER

Será ás 20.30 horas. Ata Carballo trae a investigación histórica O libro negro da lingua galega

12 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A sede de Espiral Maior Foro, en Carballo, acollerá hoxe, ás 20.30 horas, a presentación de O libro negro da lingua galega, obra publicada por Xerais e da autoría do profesor e escritor Carlos Callón. Son máis de 760 páxinas de investigación histórica sobre o idioma galego. Ademais do propio Callón, na tarde de hoxe estarán presentes Xosé Cotelo, responsable da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Espiral Maior.