—Se ocorre iso, e o partido así o decidise, para min sería un orgullo, claro.
—Falando de partido, presentaron non hai moito a nova executiva local. En que fase están agora?
—Traballando en dúas liñas. Unha, na das eleccións do ano que vén. Preparando o proxecto, escoitando a voz da experiencia, recabando ideas, asesoramento... Recollendo aportacións de todos cantos aportan. E a outra, o equipo. Facendo equipo. Sumando o maior número posible de persoas e de perfiles, con veteranía e con renovación, e cunha nova estrutura.