Queremos Galego chama a mobilizarse pola lingua en Compostela 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana García

A plataforma cidadá fixo esta convocatoria dende a biblioteca Rego da Balsa de Carballo

16 may 2022 . Actualizado a las 00:35 h.

A plataforma Queremos Galego elixiu Carballo para convidar a manifestarse o 17 de maio, en Compostela, á 12.00, «por un novo futuro para a lingua». O chamamento fíxose dende a biblioteca Rego da Balsa, da man do coordinador de Queremos Galego en Bergantiños, Xosé Cotelo. Lembrou que os pequenos avances logrados foron pola «perseveranza e polo esforzo do pobo».

Indicaron dende a plataforma, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais, que un novo futuro para o galego será posible se todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos «imos na mesma dirección», co galego como «elemento de cohesión, identidade e progreso».

Ana García

«A situación do galego non é irreversíbel», «hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua», expresaron. Reclaman poder vivir «en galego agora e sempre», mais afirman que «a sociedade está soa, sen institucións que a amparen na defensa da lingua»: «É hora de que isto mude». Haberá buses dende as comarcas a Santiago: os puntos de saída daranse a coñecer na web queremosgalego.gal.