Espiral Maior Foro acollerá poesía e arte con «Tempos de pandemia»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Xavier Seoane
Xavier Seoane EDUARDO PEREZ

A presentación desta obra será o xoves, ás 19.30 horas, con Xulio García Rivas e Xavier Seaone

18 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoves • 19.30 horas • Espiral Maior Foro, nova sede de Espiral Maior, dende finais de novembro asentada en Carballo, ten xa emprendido camiño cara ser un almeiro cultural dende o corazón de Bergantiños. Libraría especializada, galería de arte, punto de encontro para presentacións literarias... e tamén acubillo de propostas que combinen artes diversas. Este vindeiro xoves, ao abeiro da exposición As raíces da luz, de Xulio García Rivas, inaugurada a mediados de decembro, darase a coñecer o libro Tempos de pandemia: diario dun confinamento. Son 25 haikus —poemas breves— de Xavier Seoane e outras tantas pinturas do propio Xulio García Rivas.

miguel souto

No acto de pasado mañá, previsto para as 19.30 horas, estarán presentes tanto o poeta e escritor coruñés como o pintor pontevedrés, ambos acompañados por Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e responsable deste novo espazo situado na rúa Sol, número 34. Artes e letras para ir dando por ben comezado este ano 2022.