O festival carballés Xiria Pop enfila o cuarto de século

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Viu

Mañá e sábado serán xornadas de concertos en Carballo: esta é a programación

23 sep 2021 . Actualizado a las 14:20 h.

Mañán e o sábado • 21.00 horas • 15 euros • Casino 1889 • Con tódalas entradas vendidas, o Xiria Pop enfila as súas vodas de prata coa música. Este ano, que é o 24, repite restricións por mor da pandemia, pero Xabier Graña, alma máter do festival, confía en poder afrontar o cuarto de século coa maior normalidade posible, co aforo habitual desta cita ata a chegada do covid.

Onte presentouse o programa no Concello de Carballo. Ademais do organizador e o alcalde, Evencio Ferrero, estiveron os edís de Cultura, Marcos Trigo, e de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez, que quixo sumarse porque hai un grupo, The Brosas, de Burela, que canta en galego. A través da páxina de Facebook os que non poidan asistir ás dúas xornadas poderán avisar para que poida entrar xente que quedou fóra.

MAÑÁ

Pablo Solo • Compositor de Santander. Vén de The Puzzles e en marzo do ano pasado lanzou en solitario Alondras.

Ángel Kaplan • De Xixón, un complexo proxecto con sete músicos. Carballo será a súa terceira cita.

Jabato • De Madrid. Xabier Graña definiunos como como «Xiria Pop de manual».

Los Malinches • De Murcia. Son un revival de garaxe e psicodelia. «Parecen como grupos sudamericanos dos 60».

Sábado 24

Escombros • De Madrid. «Fan punk do 77, a toda pastilla».

The Brosas • «Do mellor no mundo do pop -rock».

Las sombras • Un dos membros é veterano do Xiria Pop, posto que estivo cos Miaus.