Manuel Facal: «Fai falta sacar a arte á rúa, en calquera lugar se pode mostrar»

Patricia Blanco
patricia blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

A REMOLLO | Xa de volta en Málaga, o artista máis internacional de Carballo fala do seu verán na localidade

19 sep 2021 . Actualizado a las 22:50 h.

Hai xa uns días que o gravador Manuel Facal (Carballo, 1943) deu por finalizada a súa habitual estancia de verán na terra natal. De volta en Málaga, onde xa hai moito que ten asentada a súa residencia ó longo do ano, evoca os dous meses que estivo pola capital de Bergantiños, a onde sempre soe chegar contra o final do San Xoán. Se noutras ocasións tivera falado do «ruído» diante da casa, leva dous anos de festas atípicas, non-festas pola pandemia. «Foi raro, botouse de menos o ambiente, sempre gusta ver xente por Carballo», confesaba este venres. Ben de saúde, segue conservando todas as ganas de crear.

-Como está levando a pandemia?

-Pois podo dicir que está sendo un tempo moi produtivo para min. Estou traballando moito. Non queda máis remedio que traballar [ri], e pensar un pouco na situación. Un tempo en certa medida necesario para a reflexión sobre a sociedade na que vivimos, sobre o consumo... Terá sido para moita xente difícil, pola crise económica e todo o que veu, pero en canto a esa reflexión, véxoo como un parón positivo, para ver onde están eses valores necesarios para convivir.

-Que tivo entre mans, logo?

-Puiden ter entrevistas que me interesaban, como para unha exposición no museo da Fundación Luis Seoane da Coruña, seguramente para febreiro. Tamén contactei para outra no Gaiás, aínda en trámites.