Evencio Ferrero: «Ségueme asombrando que Carballo contrate máis que Ourense»

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

O ECUADOR DO MANDATO | O rexedor de Carballo destaca a capacidade inversora malia os altos gastos por covid

23 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Evencio Ferrero ten 65 anos e leva xa 18 como alcalde de Carballo, dende o 2003, con maioría absoluta por segundo mandato consecutivo, tras un tripartito, un bipartito e un goberno con minoría en solitario, polo BNG. Leva como concelleiro de xeito ininterrompido dende 1979: non queda xa ninguén así na Costa da Morte (e non moitos en Galicia).

-Como cualifica este primeiro ecuador do actual mandato?

-Continúase coa transformación de Carballo. É un compromiso que se tiña co electorado, e elección tras elección o grupo de goberno sae reforzado, precisamente polas políticas de transformación urbana e de servizos no rural. Nestes dous últimos anos fíxose un esforzo moi grande no ciclo integral da auga, no que se segue a traballar e a investir, e hai tamén servizos que se poñen en marcha, E conseguimos, por fin, tras moitos anos, dar un gran paso nas nosas liñas de traballo. A estratexia do goberno municipal era traballar sobre cinco eixes: a ampliación do polígono industrial, a circunvalación, o abastecemento de auga á costa, o plan de inundabilidade e o das travesías urbanas. Destes cinco eixes, nestes últimos meses, déuselle un impulso a catro deles. O abastecemento á costa con investimento municipal con axuda da Deputación, o convenio asinado con Augas para corrixir todos os problemas que hai coa inundabilidade no centro ao paso do Anllóns, un convenio moi necesario. Con moito retraso, a preocupación permanente do polígono e a circunvalación.

-É obvio que o covid afectou moitísimo, xa o ano pasado. En que sentido máis?

-Moitísimo. En investimento en covid, o ano pasado estivemos nuns dous millóns de euros. Se se conta o bono dos 30 euros, o PEL coa Deputación, e o resto de gastos para adecuar á normativa covid. E agora axudas á hostalaría en acordo coa Xunta. Diñeiro que hai que retraer doutros gastos, sobre todo o investimento, e aínda así, Carballo segue sendo un dos concellos galegos con máis capacidade inversora. Polo tanto, máis capacidade para transformar.

-Non sería este o momento de gastar todo o remanente, xa que por fin se pode?

-Nós xa fixemos unha incorporación o ano pasado sobre tres millóns. Neste pleno irá outra sobre outros tres, e hai que ter moi en conta que a situación económica do Concello é moi boa, pero ese remanente permite atender a novos investimentos, como os fondos europeos, xa que despois tardarase dous anos en recibir a subvención. O Cicl-Ando xa está en marcha e tamén agardamos que en breve se saque a resolución sobre a mellora dos edificios públicos no plan de sustentabilidade. Se non dispoñemos de tesourería suficiente habería problemas serios para afrontar este gasto, porque nestes fondos europeos é obrigado facer primeiro a certificación do gasto, materializalo, pagalo, e dous anos despois é cando chegan os cartos. por iso sempre, cun criterio de prudencia, e en coordinación cos servizos económicos, queremos ter esa marxe para seguir pagando puntualmente a provedores, que non haxa demoras nos pagos de certificacións, e teñamos tesourería que permita afrontar novos investimentos.

-Daquela non vai ser o momento de facer unha gran inversión. Unha zona deportiva, por exemplo, que levaban no programa.

-Estamos de acordo que sería unha das cuestións a abordar, pero incorporar remanentes ten que ser para materializar no exercicio económico presente, ou como moi tarde no seguinte. Así que esa planificación dunha gran infraestrutura deportiva, ou un gran espazo sociocultural, necesitaría máis tempo. É algo que está aí, hai que camiñar cara iso, e precisamos tamén un gran edificio para as necesidades sociais.

-No sitio das vivendas da Vázquez de Parga, xa se comentou varias veces. Cando vai estar?

-Estamos traballando niso. Mentres non teñamos o plan dese ámbito desenvolvido (o PERI), un documento urbanístico, non se pode empezar xa coa proposta construtiva. Xa hai esbozos de como podería ser, e espero que en poucos meses vexamos que o procedemento urbanístico está completo para poder facer o edificio, e saibamos que se necesita tanto diñeiro, que van ser varios millóns de euros.

BASILIO BELLO

-Quedan dous anos. Que ten que estar rematado para o 2023, ou espera que estea?

-A reforma da zona dos Baños Vellos estará rematada sen dúbida ningunha. Xa van as obras con este remanente. O abastecemento de auga á costa, tamén. E a ampliación do cemiterio, tamén, qué é outra necesidade. Xa está o procedemento avanzado. E as sendas, cos fondos europeos, que teñen que estar acabadas no 2023. E o tema dos plans de inundabilidade: con eles as avenidas de ata cen anos que manexan os técnicos eliminaranse.

-Dará tempo?

-Hai que ter en conta que o procedemento administrativo é farragoso, paquidérmico, no sentido de movementos lentos, pero si terá que estar rematado para eses dous anos. Son moitas cousas, pero sempre haberá outras necesidades. Carballo ten esa capacidade de seguir investindo, e ségueme asombrando que un concello como Carballo teña máis volume de contratación que concellos como Ourense, que nos cuadriplica en poboación. Non é un ano puntual, levamos moitos anos con esta tendencia, e os datos están aí.

«O investimento no rural é superior ao do casco urbano»

Os cambios previstos para Razo e Baldaio son enormes.

-Eses si que non van estar nestes dous anos, non?

-Será difícil, pero seguimos falando para conseguir fondos para este gran investimento. A transformación de ambas fachadas litorais andan polos once millóns de euros, e para iso necesitamos fondos europeos.

-A zona rural está igual de ben tratada que a urbana?

-Cada un que bote os números. Demóstrase con números que o investimento no rural é moi superior ao do casco urbano. Pódese ver e contratar. Vai ir agora precisamente a construción do último centro social, en Goiáns, para que a rede estea completa en cada parroquia. E vemos que o esforzo feito en centros sociais, en ciclo integral da auga, as melloras viarias... todo iso suma.

-A reforma do mercado acabará axiña? Houbo queixas.

-Acabará axiña. As obras xeran molestias, os espazos provisionais ás veces teñen deficiencias, como neste caso as canalizacións no soto. Pido desculpas aos que está rexentando os postos, cunha concesión que xa acabou.

-Limitar a 30 tivera polémica, e agora está en todas partes.

-Nós estamos satisfeitos de como funciona, a 30 nunhas rúas, a 20 noutras, e vese que a decisión que tomou o Concello foi pioneira, xa que a DGT vai na mesma liña. E ben está que demostra que a sinistralidade e consecuencias baixan moito.

Compra de suelo lindante con propiedades municipales

Ferrero cre que Carballo si que podería ter máis espazos verdes, «sobre todo na zona do Bosque do Añón, conforme se establece no PXOM. E -engade- queremos incrementar o patrimonio municipal de solo».

-Volverán as obras dos edificios de moitos pisos?

-Algún día si. Hai unha única licenza dada recentemente. E hai necesidade de oferta de vivenda nova en Carballo. Moita baleira, pero non atractiva para mercar ou alugar. Xa empeza a haber movementos, pero o covid ralentizou moito. Onde si hai movemento é no polígono.

-O Concello nunca se plantexou mercar grandes edificios sen uso para reaproveitar? A antiga Leus, a Revolta, Riotorto, a estación de buses vella... Agora hai cartos, e eses sitios son bos.

-Nós, máis que en algo que está construído, o que pensamos (e algo vai nos remanentes), é adquirir solo. Naquelas parcelas que xa son municipais, intentar mercar as lindeiros e con aproveitamento urbanístico, para que eses espazos de futuro non se ocupen con edificios consolidados. E, se por parte das propiedades hai ofertas que poidan ser asumibles por unha Administración local, sempre se valorará. Unha cousa é o valor, e outra o prezo. Este pono cada propietario, e o valor márcano os técnicos. Moitas veces o primeiro está moito por riba do segundo.

Algo realizado

El programa del BNG de hace dos años era muy amplio, y además centrado en el llamado «horizonte 2030» y en varios capítulos, con decenas de postulados. Hay promesas ya hechas o en marcha (la pandemia ha ralentizado algunos proyectos o inutilizado los centros sociales), como la ampliación del cementerio, el parque canino, la demanda de la circunvalación, la mejora de parques infantiles, más centros sociales en las parroquias, mejoras en pasos de peatones, rutas accesibles, renovación en los Baños Vellos o el entorno del Campo da Feira, la mejora del campo de As Eiroas...

Algo pendiente

La compra de terrenos en el Bosque do Anllóns se ha parado, sigue pendiente prolongar el paseo hasta A Cheda. Falta por ejecutar ese «novo espazo deportivo que atenda as demandas do Carballo do futuro», o mejorar las ampliaciones para el atletismo o del circuito de motor. También la mejora del Pazo da Cultura.