Xela Arias terá pegada perenne en Carballo

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Presentado o mural na súa memoria, na futura Praza dedicada á autora, e os actos das Letras Galegas na capital de Bergantiños 

14 may 2021 . Actualizado a las 22:22 h.

E sabemos que cando sumamos agradecemos

ser capaces de conquistar

da guerra tódalas batallas, miña flor, caravel

Dende a Praza que vai levar o seu nome, e que este domingo quedará inaugurada ás 12.00 horas, a autora Xela Arias, homenaxeada este ano polas Letras Galegas, espallará a súa mirada por sempre en Carballo. Polo menos, ata que o paso do tempo queira e comece a desdebuxar o mural co seu retrato e cunha manchea de versos que a artista Rakele Cavallo levou a cabo, a petición do Concello. A obra de arte, presentada na mañá deste venres 14 de maio, foi precisamente o escenario para debullar os actos previstos na capital de Bergantiños en homenaxe a Xela.

O primeiro deles, esa propia inauguración da Praza, abundou a edila de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez. Explicou que a idea é ir actualizando o rueiro municipal, dando máis cabida a mulleres: esta será a rúa número 14 en feminino. Cóntase para o domingo coa presenza do que foi compañeiro de Xela, Xulio Gil, e tamén do seu fillo. Cargos municipais e veciños, que dende o primeiro momento acolleron moi ben a idea deste mural, estarán presentes ese día, no que haberá ademais un recital da carballesa Rosalía Fernández.