Clarión Libraría, nova etapa na rúa Valle Inclán carballesa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Eva Cameán, nunha das moitas actividades que ten habido en Punto e Coma
Eva Cameán, nunha das moitas actividades que ten habido en Punto e Coma Ana Garcia

O proxecto Punta e Coma despídese da capital de Bergantiños, mais segue Eva Cameán neste novo rumbo

20 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A libraría Punto e Coma vén de pechar unha etapa en Carballo, onde nos últimos anos funcionou dende a céntrica rúa Valle Inclán. Este espazo para optimistas, como así se definiu sempre, deu a coñecer, no entanto, o nacemento de Clarión Libraría, «un novo proxecto cheo de xuventude, talento e ilusión». A súa responsable será Eva Cameán, quen ata o de agora traballaba xa en Punto e Coma. Colle o temón do que avanzan como «espazo de cultura e beleza, situado no mesmo local, mais con moitas novidades». «Sabemos que con ela Carballo vai ter a libraría que merece Bergantiños. Pedímosvos que apoiedes a nova etapa e que sigades confiando na sabedoría e profesionalidade de Eva», din dende Punto e Coma, que agradecen a confianza destes anos. Dende hoxe ata o 29, o espazo estará pechado.